Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os adultos tamén se ilusionan e gozan do día de Reis

Os adultos tamén se ilusionan e gozan do día de Reis

O de hoxe é un día cargado de nostalxia, no que un volve sentirse neno

Unha tradición que ninguén quere perder e que se mantén viva de xeración en xeración

G24.gal 06/01/2025 14:43 Última actualización 06/01/2025 16:17

Hai quen esta mañá xa ía de estrea.

"Trouxéronme un xersei e un pantalón", di unha muller, e outro home comenta: "Esta camiseta do Breogán".

Porque non só os pequenos viven este día con ilusión.

"Eu aínda teño ilusión, máis por estar coa familia que polos agasallos", conta unha moza, e un home engade: "Teño ilusión por xuntarme coa familia".

Ilusión por xuntarse e por volver ser neno.

"Eses recordos sempre volven", cre un home e outro asegura que "a ilusión é ver que os rapaces teñen ilusión".
 

Hai quen recibiu todo o que pediu e quen esperaba un pouco máis.

 "Trouxeron moitas cousas", di un home, e outro asegura que lle trouxeron "todo o que pedín e máis".

"Algún detalle, pero agradécese máis o sobre", explica unha moza.
 

E hai quen non esperaba nada, pero algo sempre cae, esa é a maxia.

"Eu fun malo, trouxéronme poucas cousas", asegura un home.
 

"A min sempre me gustou moito o día de Reis", di un home.
 

Por iso o importante é, como di unha muller, seguir coa tradición e que non se perda. Feliz día de Reis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade