Dos feitos na casa aos de última tecnoloxía, os xoguetes foron cambiando cos tempos
Dos feitos na casa aos de última tecnoloxía, os xoguetes foron cambiando cos tempos
A cantidade e a diversidade que atopamos hoxe era inimaxinable hai unhas décadas
O reto e o debate seguen estando na maneira de estimular a imaxinación
Hai xoguetes sen idade que xa non se adoitan construír na casa. Os sons do xogo cambiaron. E hoxe as mans dos Reis Magos botan a tecnoloxía a voar.
Pero cambian tamén as tendencias. Nos últimos anos, unha maior conciencia ecolóxica deu un novo pulo aos xoguetes de madeira, ao tempo que introduciu os de bioplástico. Hoxe podemos atopar diferentes tipos de sofisticación dos xoguetes para que os nenos lles dediquen máis tempo ca o móbil.
O xogo segue servindo de espello da evolución dos tempos. Pero, malia os cambios, segue habendo xoguetes eternos. E hai outra cousa que non cambiou: a imaxinación de quen xoga.