Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arteixo celebra a súa XXXII Feira do Galo

Arteixo celebra a súa XXXII Feira do Galo

O mercado celébrase tradicionalmente o último sábado antes da Noiteboa

G24.gal 21/12/2024 14:16

A maioría dos criadores chegan da contorna ou das comarcas limítrofes.

"Este ano veñen sobre quince criadores de galos e imos facer unha pequena festa para dinamizar a feira de Arteixo e tamén o comercio e a hostalería, que é o que pretendemos con todo isto", explica Ángel Vázquez, concelleiro de Promoción Económica de Arteixo.

A festa inclúe premios á mellor cesta preparada e ao mellor galo vivo.

"O que buscan é o tamaño, que significa máis tempo, igual que o espolón que se pode observar nas patas traseiras. Tamén miran que as cristas sexan sexan grandes e ben feitas", subliña Kevin Muñiz, un dos criadores presentes na feira.

"Miran a pluma, o guapos que son e o peso, sobre todo o peso", engade Damián Varela, outro criador.

Este ano participan varios exemplares de Mos, unha raza autóctona que estivo a piques de desaparecer e que agora recuperan ao redor de 180 criadores.

"Fai fano estaba en perigo de extinción. A asociació Avimós xuntouse e intentou recuperala e a día de hoxe están perfeccionando a raza e buscando o estándar da raza antiga que había ante no país", conta Carlos López, que cría esta raza e concreto.

De maneira inevitable, o menú da Noiteboa e do Nadal estivo moi presente entre o númeroso público que congregou, un ano máis, a Feira do Galo de Arteixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade