Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a demanda das pitahayas, mangos e plátanos machos nas froiterías

Aumenta a demanda das pitahayas, mangos e plátanos machos nas froiterías

A poboación migrante demanda produtos habituais nos seus países para as súas receitas tradicionais

A influencia das redes sociais leva os consumidores a pedir froitas exóticas para probar

G24.gal 29/03/2025 14:18

A demanda de froita exótica, chegada doutros países, medra cada día máis nos mercados. A influencia das redes sociais, a cociña de autor e o aumento de pobación migrante que bota de falta produtos dos seus países, fai aumentar as importacións de América do Sur e do sueste asiático.

Empezan a gañar cor as froiterías coa chegada da primavera, pero en calquera mercado a zona máis vistosa é a da froita de fóra, por diferente, por novidosa e por sabores descoñecidos.

"Cada vez vanse vendendo máis produtos como o aguacate ou o mango. O aguacate xa forma parte da nosa dieta habitual. Nestes últimos tempos estamos incorporando as 'pitahayas', as 'granadillas'...", di Rafael Álvarez, director de Eurobanan, produtora e comercializadora do sector hortofrutícola.

Moitas delas tardan dúas ou tres semanas en chegar desde os seus países de orixe, agás as que veñen en avión. Neses casos págase a rapidez no traslado.

"Veñen especialmente de América do Sur, o Brasil, o Perú, Colombia e Chile son os principais produtores. Inicialmente introdúcense por avión porque son pequenas cantidades, e cando xa se xera un fluxo continuo de traballo empézanse a traer por transporte marítimo", asegura Álvarez

É o caso da piña, o mango e o aguacate que proceden de fóra nas temporadas que non hai aquí. Pero hai outra demanda que atender, a da poboación migrante.

"Esta poboación incorpora na súa cociña diaria outro tipo de produtos. Demanda produtos como o plátano macho, a iuca ou a pataca doce. Produtos que antes custaba atopalos nos supermercados e froiterías e agora son habituais. O plátano macho quizais é o que máis está destacando nos últimos anos", di Álvarez

A outra demanda é a do reel de Instagram.

"En canto que saian dous ou tres 'influencers' xa se viraliza e demándannolo. Se despois o produto non ten potencia de sabor nin un prezo axeitado, enseguida volve desaparecer outra vez. Pero isto tamén fai que se posicionen este tipo de produtos no mercado moi rápido"

Serán os consumidores os que decidan finalmente que é moda e que é xa un novo produto da nosa dieta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade