Varias asociacións de Quiroga demandan que se acondicione o complexo de Augas Mestas
As instalacións contan con embarcadoiro, varias casiñas para turismo, cafetería e piscina, pero apenas estiveron uns anos en funcionamento e desde 2006 non se utilizaron nunca
Estas instalacións, situadas na confluencia entre os ríos Lor e Sil, están sen funcionamento desde o ano 2006. Dispón "dun cámping, cafetería, piscinas, un embarcadoiro e ten un gran potencial turístico", indica Pablo Núñez, da Asociación Quiroga en Marcha.
Diversos colectivos de Quiroga lamentan que a situación se prorrogue no tempo. "É cuestión de investir para poñelo a andar, porque as instalacións xa están", mantén Alejandro Casanova, da agrupación sociocultural de Quiroga.
Cren que sería un revulsivo turístico para Quiroga. En opinión do representante da Asociación de Amigos de Quiroga, José Espinosa, se o complexo está parado "non xera ningún valor engadido"
As instalacións dependen da Deputación Provincial. A pesar de estar sen poderse utilizar, o lugar recibe a visita de moitas persoas no verán, polo que reclaman que se acondicionen.