Cargando resultados...
Trescentas persoas desafían a choiva na concentración moteira de Mondoñedo
Coñecida como "A Invernal", reuniu amantes das dúas rodas procedentes de toda España
G24.gal
23/03/2025 14:30
Última actualización 23/03/2025 15:21
Ambiente de festa en Mondoñedo. Neste caso, por unha concentración moteira. Pese a que o tempo non acompañou, xuntáronse case trescentos afeccionados.
É a 34 edición desta concentración de motos coñecida como A Invernal. Indica o organizador que o nome vénlle porque "case todos os anos chove" durante a celebración.
Os asistentes xa van máis que preparados para a chuvia e o frío. A desculpa é a moto, pero o importante é gozar a xornada e facer turismo.