Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias asociacións de Quiroga promoven unha ponte colgante de 700 metros

Varias asociacións de Quiroga promoven unha ponte colgante de 700 metros

Utilizaríase como un recurso turístico máis, e permitiría coñecer de preto o pregamento xeolóxico de Campodola

G24.gal 22/03/2025 21:24 Última actualización 22/03/2025 22:04

ponte colgante que proxectan en Quiroga é sorprendente polas súas dimensións e polo seu emprazamento.

"Sería unha referencia mundial, coas catenarias máis longas do mundo", explica Juan Luis Vázquez, representante das asociacións de Quiroga que promoven a ponte.

Mantén que sería "un revulsivo turístico". Estaría moi próxima ao pregamento xeolóxico de Campodola, pero fóra da zona de protección que supón o Xeoparque Montañas do Courel.

"Revitalizará a zona e creará unha ruta circular de cinco quilómetros", achega Aitor Baldomir, autor do deseño desta ponte colgante. 

Trátase dunha pontella peonil de case 700 metros que é coma unha ponte tibetana, das que hai en Cantabria ou Portugal.

"Ten pequenas oscilacións o andar", advirte Rubén Diego, xerente dunha empresa que fixo unha ponte semellante en Cantabria.

"É a ponte máis alta e longa da península", manifesta o outro autor do deseño da ponte, Arturo Fontán. 

O proxecto está deseñado, falta tramitalo e atoparlle financiamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade