Cargando resultados...
O cemiterio de Lugo revive a historia das súas mulleres máis ilustres
Visitas teatralizadas dan a coñecer á cidadanía a biografía de persoas que foron importantes para a cidade
G24.gal
23/03/2025 20:15
Última actualización 23/03/2025 22:13
As visitas teatralizadas ao cemiterio de Lugo están conseguindo que a cidadanía se achegue ata un dos camposantos máis senlleiros e fermosos das grandes urbes galegas.
Este domingo, o grupo Achádego Teatro devolveulles a vida a algunhas das mulleres que tiveron papeis importantes na historia da cidade, nun percorrido dinámico e, á vez, didáctico.
Moitas destas veciñas tiveron que loitar duramente para reivindicar o seu papel na sociedade, na ciencia, na cultura ou no ensino. A alcaldesa Paula Alvarellos, falecida o día un de marzo de xeito repentino, tamén tivo unha lembranza especial e agarimosa.