Publicador de contidos

Publicador de contidos

O programa galego de cribado do cancro de cérvix é un modelo de referencia para outras comunidades

O programa galego de cribado do cancro de cérvix é un modelo de referencia para outras comunidades

A campaña permitiu diagnosticar 45 tumores en catro anos, un 71 % en estadios iniciais

G24.gal 25/03/2025 14:38 Última actualización 25/03/2025 21:16

O programa de cribado do cancro de cérvix de Galicia está servindo de referencia para outras comunidades. As mostras procésanse no laboratorio do Complexo Hospitalario de Lugo que conta cunha tecnoloxía punteira. Das 1.900 mostras analizadas desde a súa posta en marcha, 45 resultaron positivas a maior parte en estadios iniciais.

"O cancro que cura é o cancro que se detecta de xeito precoz. Por iso son tan importantes estas campañas de detección", asegura o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade