Publicador de contidos

Publicador de contidos

A análise de todos os biomarcadores coñecidos do cancro xa se fai en todos os hospitais galegos

A análise de todos os biomarcadores coñecidos do cancro xa se fai en todos os hospitais galegos

Forma parte da carteira de servizos do sistema público de saúde

As terapias personalizadas están cambiando por completo a perspectiva da enfermidade e as expectativas de curación

G24.gal 20/02/2025 14:46

Os avances na investigación están a lograr clasificar os cancros non tanto polo órgano de orixe como polas súas alteracións moleculares. A medida que esas alteracións van sendo coñecidas e potencialmente tratables, estase logrando que haxa cada vez máis tipos de cancros que, mesmo en fases metastásicas, se chegan a curar ou cronificar. 

"Estamos falando de tumores como o cancro de pulmón ALK positivo que cos novos fármacos, nun escenario de metástases -mesmo cerebrais-, ten supervivencias superiores ao 80 % en cinco anos e que mesmo se poden chegar a curar", detalla Sergio Vázquez, do Servizo de Oncoloxía Médica do HULA.

E ademais con novos tratamentos que teñen a vantaxe sobre a quimioterapia clásica de que non afectan tanto as células sas. 

A incidencia do cancro de pulmón sobe nas mulleres. E xa se están a realizar cribados, de momento en fase piloto e só para fumadores, que usan TAC de baixa radiación e apoio de intelixencia artificial para unha detección máis temperá. 

O VII Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión analiza desde Vigo os últimos avances  O VII Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión analiza desde Vigo os últimos avances 

Son algúns dos temas que se abordarán no simposio de oncoloxía de precisión, que reúne en Vigo estes días os principais expertos do país. 

"A oncoloxía de precisión non é que teña futuro é que xa ten moito presente e desempeña", explica Martín Lázaro, do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUVI.

Falan tamén de novos tratamentos como os anticorpos biespefícos ou métodos como a biopsia líquida, que permiten saber que pacientes precisan seguir con tratamento tras a cirurxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade