Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Cuntis atopa máis de 200 plantas de marihuana cando andaba de rolda polo municipio

O alcalde de Cuntis atopa máis de 200 plantas de marihuana cando andaba de rolda polo municipio

O alcalde atopouse con máis de 200 plantas de marihuana arrincadas e metidas nunha trintena de bolsas do lixo, un sistema de rega e sacos con substrato

As bolsas cheas de plantas de marihuana que atopou Manuel Campos As bolsas cheas de plantas de marihuana que atopou Manuel Campos
G24.gal 25/03/2025 17:19

Manuel Campos, o alcalde de Cuntis, ía no seu coche polo lugar de Vilariño cando encontrou unha vertedura nunha pista de terra. Ao achegarse, e segundo relatou, descubriu que se trataba de máis de 200 plantas de marihuana arrincadas e metidas nunha trintena de bolsas do lixo.

Tamén comprobou que había restos dun sistema de rega. Inmediatamente avisou os servizos municipais de emerxencias e a Garda Civil, que xa abriu unha investigación.

A mercadoría xa foi destruída. Todo indica que a marihuana podería proceder dun viveiro ilegal, cuxos donos se viron talvez ameazados nalgunha das últimas redadas antidroga desenvolvidas na zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade