Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos tras desmantelar unha plantación de 500 plantas de marihuana en Vilanova de Arousa

Tres detidos tras desmantelar unha plantación de 500 plantas de marihuana en Vilanova de Arousa

Utilizaban a vivenda como laboratorio para o cultivo desta planta e era parte dunha rede que se dedicaba ao alugueiro de domicilios para a instalación de plantacións

Tres detidos tras desmantelar unha plantación con 500 plantas de marihuana/Policía Nacional Tres detidos tras desmantelar unha plantación con 500 plantas de marihuana/Policía Nacional
G24.gal 14/03/2025 19:46

A Policía Nacional detivoa tres persoas tras desmantelar unha plantación con 500 plantas de marihuana en Vilanova de Arousa (Pontevedra). A investigación comezou no principio do ano, cando os axentes tiveron constancia de que nunha vivenda unifamiliar de Vilanova había unha plantación desta droga.

Segundo explica, a vivenda que estaba a ser utilizada como laboratorio clandestino para o cultivo desta planta era parte dunha rede que se dedicaba ao alugueiro de domicilios para a instalación de plantacións.

Así, contaba cunha instalación eléctrica completa de luces led e xeradores de corrente co cableado e puenteo á rede xeral; ademais de ventiladores, xeradores eléctricos, deshumificadores, ventiladores, potentes extractores e demais útiles necesarios para o mantemento óptimo da colleita.

Tras autorizar o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía a entrada no chalé, atopáronse no seu interior 500 plantas de marihuana e 25 quilos de material xa colleitado, cogollos e envasado ao baleiro.

Tamén material eléctrico e produtos químicos, así como material de cultivo, regadío e equipos de comunicación.

A investigación permitiu coñecer a identidade dos presuntos autores destes delitos, sendo detidas tres persoas, que pasaron a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade