Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por presunto tráfico de drogas no aeroporto de Alvedro

Detido un home por presunto tráfico de drogas no aeroporto de Alvedro

As forzas de seguridade sorprendérono cando entregaba unha dose de cocaína a un traballador da instalación

O traballador podería ser sancionado por infrinxir a Lei de Protección de Seguridade Cidadá na terminal aérea

Arquivo Arquivo
G24.gal 13/03/2025 09:34

A Garda Civil de Culleredo, en colaboración co Destacamento de Fiscal e Fronteiras do Aeroporto de Alvedro, detivo un home de 55 anos por un presunto delito de tráfico de drogas no marco da operación Alvenia. O arresto tivo lugar no interior da terminal do aeroporto, no momento en que o sospeitoso entregaba unha dose de cocaína a un traballador da instalación.

A investigación iniciouse en outubro do pasado ano, cando a xefa do Destacamento do Aeroporto de Alvedro recibiu información sobre unha
posible actividade de tráfico de drogas no recinto aeroportuario. Ante a gravidade dos feitos, a Fiscalía, en coordinación co Departamento
de Seguridade e Servizos de AENA, levou a cabo as primeiras indagacións e solicitou a intervención do equipo de Investigación do Posto Principal de Culleredo.

Os axentes despregaron un dispositivo con vixilancias discretas e logrou identificar o sospeitoso, quen frecuentaba a terminal e mantiña
contacto cun empregado do aeroporto.
Unha vez confirmados os indicios do delito, o Equipo de Investigación procedeu á detención do individuo no momento exacto en que realizaba a transacción.

O traballador implicado foi proposto para sanción ante a Subdelegación do Goberno por infrinxir a Lei de Protección de Seguridade Cidadá, ao portar substancias estupefacientes nun lugar público. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda
da Coruña para a súa tramitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade