Publicador de contidos

Publicador de contidos

Policías nacionais e gardas civís protestan nas inmediacións do Congreso contra o pacto con Junts

Policías nacionais e gardas civís protestan nas inmediacións do Congreso contra o pacto con Junts

O líder do PP trasladou a súa solidariedade aos membros das forzas de seguridade

G24.gal 12/03/2025 15:08

Este mércores manifestáronse no exterior do Congreso un cento de representantes das forzas de seguridade. Forman parte dunha plataforma que une quince sindicatos e asociacións de gardas civís e policías nacionais.

Cren que o pacto con Junts "despeza o Estado" en Cataluña e que se trata dunha cesión ilegal de competencias.

O líder dos populares quixo arroupar os manifestantes e, acto seguido, realizou declaracións á prensa. Para Alberto Núñez Feijóo, "a seguridade pasa por non desmantelar o control das fronteiras nin da inmigración" e pediulle ao Goberno "un pouco de responsabilidade porque isto é malo para Cataluña e para a soberanía nacional".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade