Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un autobús sen condutor circula xa en probas polo centro de Barcelona

Un autobús sen condutor circula xa en probas polo centro de Barcelona

É a primeira vez que un autobús autónomo circula en condicións reais de tráfico

En Galicia, os minibuses deseñados no CTAG xa fixeron varios itinerarios de proba

G24.gal 12/03/2025 14:54

Ninguén ao volante e no medio do tráfico dunha gran cidade. O primeiro autobús autónomo que circula en condicións reais de tráfico xa o fai polo centro de Barcelona. "É a oportunidade de demostrar que a tecnoloxía xa está madura", di Vicente Milanés, director de Open Innovation do grupo Renault. 

O vehículo fai percorridos de máis de dous quilómetros en pleno centro da cidade. É un servizo experimental, pero a súa implantación pode estar máis próxima do que pensamos.

Aquí, os minibuses autónomos deseñados no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia xa fixeron varios itinerarios de proba. Levan cousa de cinco anos traballando nesas lanzadeiras autónomas, pensadas para itinerarios curtos e con capacidade para 12 persoas. Poderían sacalas ao mercado a finais deste ano, con todas as garantías de seguridade.

"Non podes levar isto ao mercado sen que sexa completamente seguro, a seguridade ten que ser máxima", afirma Francisco Sánchez, director de mobilidade intelixente do CTAG. Para iso, os vehículos van equipados con "mapas de alta definición, sensores redundantes, etc", engade. 

"Dispoñer de sensores, de elementos que controlan o que ocorre arredor do vehículo, e que poden actuar, aumenta a seguridade", afirma Diego Bernárdez, responsable de operacións do vehículo autónomo do CTAG. Afirma que eses mapas, sensores e programación evitarían os accidentes por descoidos ao volante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade