A crise automobilística afecta ao sector de moldes e matriceiros en Galicia
A paralización das vendas do coche eléctrico e a competencia da China manteñen a incerteza nas empresas deste sector
A falta de persoal cualificado tamén está a ser unha barreira.
A crise na industria automobilística europea paraliza os plans das grandes fábricas, pero tamén dos fabricantes de pezas e moldes para a estrutura dos vehículos, que viven un momento de incerteza.
As dúbidas entre a combustión e a mobilidade eléctrica, que impide reactivar proxectos novos, non é o único obstáculo para os fabricantes de moldes e matrices. A nova política arancelaria dos Estados Unidos e a competencia da China tamén preocupa as empresas.
A falta de persoal cualificado tamén está a ser unha barreira.
Con todo, en Galicia o sector de moldes e matrices que fabrica tamén para outras industrias, como a aeronáutica, a electrónica ou a medicina, concentra máis do dez por cento das empresas do sector de todo o Estado. Máis dunha treintena de empresas reuníronse en Vigo na primeira feira desta industria.