Un coche autónomo deseñado en Galicia competirá no circuíto de Silverstone
A asociación estudantil do Campus de Ourense Auria Technologies participará co seu proxecto no Formula Student en xullo no Reino Unido
O software para un coche autónomo deseñado en Galicia competirá este verán na prestixiosa Formula Student de Silverestone, no Reino Unido, na modalidade de Intelixencia Artificial. Está detrás deste proxecto unha asociación estudantil de diferentes graos do Campus de Ourense, participan universidades de todo o mundo, só outras dúas máis españolas.
Esta asociación estudantil do Campus de Ourense traballa arreo nun software de condución autónoma. Hoxe testan no simulador o proxecto co que competirán en xullo no Formula Student de Silverstone, no Reino Unido.
Terán que superar diferentes probas, cambia o circuíto e o obxectivo. O xurado valora o tempo e a mellor técnica.
Esta competición automobilística promove a excelencia en enxeñería e participan universidades de todo o mundo. A asociación Auria Technologies está composta por estudantes dos graos de Intelixencia Artificial, Informática, Enxeñería Aeroespacial e Turismo.
Estes estudantes galegos, con xa un proxecto empresarial en marcha, dinnos que ven moi viable a condución autónoma segura e accesible para todos nun futuro próximo.