Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan dous tripulantes dun pesqueiro que se afundiu fronte a Muxía

Rescatan dous tripulantes dun pesqueiro que se afundiu fronte a Muxía

Os mariñeiros xa foron trasladados a Camariñas en bo estado de saúde

Foto do pesqueiro Segundo María Isabel Foto do pesqueiro Segundo María Isabel
G24.gal 12/03/2025 18:29 Última actualización 12/03/2025 18:40

Salvamento Marítimo rescatou este mércores dous tripulantes dun pesqueiro que se afundiu fronte a Muxía co nome de Segundo María Isabel. O barco tivo unha vía de auga a media milla ao norte de praia de Arnela.

Ao momento mobilizouse a Salvamar Altair aínda que foi o pesqueiro Praia de Lago, que estaba na zona, o que asistiu os dous tripulantes.

Estes foron trasladados a Camariñas en bo estado de saúde mentres o pesqueiro se afundía e a Salvamar Altair recollía os restos que quedaron aboiando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade