Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro meses de prisión para unha veciña de Cangas por agredir un técnico de emerxencias

Catro meses de prisión para unha veciña de Cangas por agredir un técnico de emerxencias

Tamén deberá indemnizar con 250 euros o home agredido

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 12/03/2025 17:24 Última actualización 12/03/2025 18:39

O Xulgado de Cangas condenou a catro meses de prisión unha muller por agredir un técnico de emerxencias do 061 no centro de saúde da localidade Pontevedra.

Segundo a sentenza, os feitos producíronse en marzo de 2023 cando a muller, "coa intención de menoscabar a integridade do técnico de ambulancias", golpeouno "sen a debida" consideración ás funcións que desempeñaba como persoal sanitario.

A muller enfróntase a unha pena de catro meses de prisión por un delito de atentado e deberá indemnizar con 250 euros o home agredido.

A CIG valorou positivamente a sentenza e indicou que no xulgado de Cangas hai pendentes de resolución tres casos de agresión a persoal técnico do 061 por feitos producidos entre os anos 2022 e 2023.

Entre eles, lembrou o sindicato, atópase o suceso "máis grave" no que un técnico de emerxencias foi agredido por tres atacantes ao mesmo tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade