Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hostaleiro atacado en Aguete fala do seu agresor: "Non había quen o frease, estaba fóra de si"

O hostaleiro atacado en Aguete fala do seu agresor: "Non había quen o frease, estaba fóra de si"

G24.gal 05/03/2025 14:52

Tres costelas rotas, contusións varias e un susto que aínda non lle colle no corpo. Así está Fernando, logo dunha malleira que lle deron no seu restaurante na praia de Aguete, en Marín. Tiña unha reunión de traballo con dous homes que supostamente querían celebrar un evento no local, cando se desatou o caos.

"Estabamos falando de pechar o evento, detallando todo, cando un deles -moi borracho- empezou a patadas coas mesas e as cadeiras", lembra Fernando.

Recriminoulle a súa actitude, e foi cando o home empezou a agredilo: "Empezou a agredirme con cadeiras, mesas, e tiroume ao chan". E todo foi aínda a peor, porque súa nai tentou defendelo, e levou a peor parte. 

"Meteuse no medio e asañáronse con ela. Tirárona ao chan, golpeárona, déronlle varias veces cunha botella na cabeza. Miña nai foi a peor parada", di Fernando.

Á muller, de 71 anos, deixáronlle o pulso roto nunha man e os dedos noutra, lesións no cóccix e nas costelas, e seis grampas na fenda da cabeza. Conta Fernando que o agresor estaba fóra de si. 

"Era un home coma un armario e non había quen o freara, estaba completamente fóra de si. Pegaba a todo o que se achegara, agrediu a todos os que pillou por diante", lembra. 

O presunto agresor deixou feridos tamén dous empregados que acudiron ao auxilio, e di Fernando que chegou a rebentar o cristal do coche da policía cando por fin o detiveron. Os dous homes quedaron en liberdade con cargos, e o presunto agresor ten unha orde de afastamento das vítimas. Para Fernando, non chega: "Estaba en shock, pero agora teño un cabreo impresionante", di. Considera que o ataque foi "un homicidio en grao de tentativa", porque entende que "alguén que agride cunha botella na cabeza unha señora de 71 anos, tirada no chan, ten intención de matala". "Non me sinto seguro con ese señor en liberdade", conclúe.

Os dous homes, agresor e acompañante, están investigados por lesións, danos e roubo con violencia, xa que tamén roubaran -presuntamente- os móbiles de Fernando e da súa nai.

A nai de Fernando ten fracturas nas dúas mans, costelas rotas e seis grampas na cabeza A nai de Fernando ten fracturas nas dúas mans, costelas rotas e seis grampas na cabeza
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade