Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detectan unha estafa na que piden cartos en nome da comisión de festas de Domaio

Detectan unha estafa na que piden cartos en nome da comisión de festas de Domaio

Xa presentaron denuncia na Policía Local e queren advertir que eles nunca piden fóra da súa parroquia

G24.gal 12/03/2025 16:06

Na parroquia de Domaio, en Moaña, alertan dunha estafa que están levando a cabo en nome da comisión de festas. Din que dous homes están pedindo cartos na zona de Bueu para os festexos de San Bieito. Xa presentaron denuncia na Policía Local e queren advertir que eles nunca piden fóra da súa parroquia. 

A chamada dunha veciña de Bueu foi a que puxo en alerta os membros da comisión de festas. Dous homes estaban pedindo cartos fóra da súa parroquia. 

Dende a comisión din que é cedo para os donativos, a festa é en xullo e non empezan a pedir ata o mes de maio. Din, amais, que sempre van identificados.

Os organizadores alertaron os veciños, a través das redes sociais. Pídenlles que teñan coidado porque é unha estafa. A comisión de festas de San Bieito xa presentou denuncia na Policía Local de Moaña, que investiga agora o acontecido e tenta dar cos autores deste calote. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade