Publicador de contidos

Publicador de contidos

As chamadas comerciais sen consentimento están prohibidas dende 2023

As chamadas comerciais sen consentimento están prohibidas dende 2023

As empresas seguen a facer contactos telefónicos non autorizados amparándose nas excepcións da lei xeral de telecomunicacións
 

G24.gal 08/03/2025 13:31 Última actualización 08/03/2025 14:27

Dende hai case dous anos está prohibido facer chamadas comerciais sen consentimento. Porén, segue a ser unha práctica cotiá e débese, en parte, a que a lei xeral de telecomunicacións contempla algunhas excepcións.

Unha das excepcións é que a empresa teña un interese lexítimo cando alguén foi cliente nos últimos doce meses. Outra, cando alguén dá o seu consentimento, consciente ou non, ao asinaren para ceder os datos a terceiros.

Ás veces estas chamadas agochan fraudes que buscan conseguir os nosos datos persoais e financeiros e fanse pasar por compañías de gas, luz, telefonía ou aseguradoras, suplantando os seus números.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade