Un videoxogo creado en Galicia permite detectar unha posible deterioración cognitiva
Os investigadores da Universidade de Vigo recibiron o apoio de Samsung para desenvolver unha aplicación gratuíta
Está deseñado para persoas maiores de 55 anos e pode descargarse de xeito gratuíto en calquera tableta Android
Cunha estética similar á de calquera videoxogo do mercado, The Mind Guardian é en realidade unha ferramenta para detectar sinais dunha posible deterioración cognitiva.
Luís Anido, catedrático da Escola de Telecomunicacións e Investigador do centro de investigación de telecomunicación de Galicia Atlantic, explica que "constra de tres fases vincualadas á avaliación dun tipo de memoria. Dura entre 40 e 45 minutos e o algoritmo de intelixencia artificial verifica se esa persoa podería ter deterioración gognitiva ou non".
Creado na Universidade de Vigo, ten unha precisión do 97% antes de que aparezan os síntomas evidentes de enfermidades como o alzhéimer. Anido relata como conseguiron o apoio finacieiro dun xigante tecnlóxico: "chegou a nova aos oídos da xente de Samsung e viron que estaba nun nivel de madurez tecnolóxico moi elevado".
Actuar a tempo permite reducir os efectos das demencias atan nun 40%. Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzheimer, destaca que "nun principio pódense facer moitas actividades e estratexias para ralentizar o proceso de deterioración cognitiva".
Está deseñado para persoas maiores de 55 anos e pode descargarse de xeito gratuíto en calquera tableta Android. Rodríguez estima que parte do seu éxito radica en que "é agradable, eliminar ese efecto da bata blanca e os nervios de ir ao médico"
Este gardián da mente non substitúe un diagnóstico médico, pero pemite facer un cribado a milleiros de persoas sen que sairan da casa.