Publicador de contidos

Publicador de contidos

Festa da cachucha e desfile de comparsas para despedir o Entroido no Carballiño

Festa da cachucha e desfile de comparsas para despedir o Entroido no Carballiño

A festa gastronómica que xa ten 30 anos de historia atrae centos de visitantes á vila do Arenteiro

Despois do xantar as rúas do Carballiño enchéronse de cores, de ritmos e do enxeño das máis de 50 comparsas 

G24.gal 09/03/2025 21:06

No Carballiño tamén despiden con festa o Entroido. Alí celebraron a trinta edición da festa da cachucha. Centos de persoas acoden a esta cita gastronómica nos restaurantes da vila. E pola tarde celebrouse o gran desfile de folións, comparsas e charangas. O enxeño e a música, non faltaron para dicirlle adeus ao Entroido. 

Co bandullo cheo despois do xantar da cachucha nos restaurantes da vila, as rúas do Carballiño enchéronse de cores, de ritmos e do enxeño das comparsas para despedir o Entroido. Unha das máis aclamadas, os polos, os pitos e as pitas do Irixo. 

Máis de 50 grupos de toda Galicia participaron no gran desfile do domingo de piñata amosando os seus mellores bailes e disfraces espectaculares.

Centos de persoas de toda a comarca do Carballiño asistiron a un desfile que nada ten que envexar ao das grandes cidades. Entre o público, persoas de todas as idades divertíndose.

E non faltaron tampouco os entroidos máis enxebres cos fulións de Chandrexa de Queixa ou os arrieiros de Petín. 

E un ano máis a festa da cachucha, e xa van 30 edicións, no domingo de piñata no Carballiño convértese nunha cita imprescindible do remate final do Entroido ourensán. Agora si, ata a de hoxe nun ano!. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade