Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os palleiros busca axuda cunha lista de desexos nunha plataforma de comercio electrónico

Os palleiros busca axuda cunha lista de desexos nunha plataforma de comercio electrónico

O encarecemento da vida fai que as protectoras de animais busquen novas formas de financiamento

Pódese contribuir adquirindo calquera producto da lista, que chega directamente ao refuxio

Protectora de animais Os Palleiros, en Pontevedra
G24.gal 11/03/2025 20:27 Última actualización 11/03/2025 20:46

Uns 70 cans viven na protectora de animais Os Palleiros, en Pontevedra. Os gastos que afrontan levaron a asociación a crear unha lista de desexos nunha plataforma de venda online. 

Gloria Cubas, presidenta da asociación, explica que se poden adquirir "correas ou comedeiros"  e obxectos necesarios para o coidado dos animais.

Contan con outras formas de axuda, dende socios con cotas programadas a ingresos puntuais mesmo por bizum. Son moitos os que se achegan como voluntarios para ofrecer o seu tempo e coidar dos animais. 

Todos os cans agardan un fogar e pódense ver nas redes sociais dos Palleiros coas súas descricións. Este sábado Os Palleiros organizan un mercado en Pontevedra para recadar fondos para a protectora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade