Os veterinarios maniféstanse en Santiago contra a normativa que demora o tratamento
Aseguran que pon en perigo as mascotas porque impide un tratamento rápido e eficaz e que implica máis burocracia
Esixen a retirada do sistema Presvet, que obriga os veterinarios a rexistrar cada prescrición antibiótica e a seguir un protocolo estrito para as receitas
Os veterinarios galegos saíron unha vez máis á rúa nunha manifestación en Santiago contra o novo rexistro de antibióticos do Goberno. Unha pancarta co lema "Saúde animal sen barreiras. Apoia o teu veternario" encabezaba a marcha de protesta en Compostela contra o sistema Presvet para o control e as prescricións de antibióticos nas clínicas veterinarias.
A medida obriga os centros veterinarios a comunicar e rexistrar todos os medicamentos antibacterianos que receiten nunha plataforma informática do Ministerio de Agricultura. Se non cumpren, a sanción chegaría a 1,2 millóns de euros.