Cargando resultados...
Morre un alpinista catalán tras unha avalancha de neve en Armenia
Hai outro 8 feridos que xa foron trasladados ao hospital máis próximo

G24.gal
11/03/2025 20:28
Última actualización 11/03/2025 21:13
O alcalde da Seu d'Urgell (Lleida), Joan Barreira, confirmou a morte do alpinista catalán desaparecido tras a avalancha na cara norte do monte Aragats, en Armenia, con 4000 metros de altura. O incidente provocou ademais catro feridos graves e outro catro máis leves que xa foron trasladados ao hospital.
Desde o Concello xa se puxeron a disposición das familias afectadas.
"Están conmocionados pola situación e esperando volver a casa despois deste pesadelo" asegurou conselleira de Interior, Núria Parlon.