Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un operario en Curtis ao caerlle enriba o portón dunha nave

Falece un operario en Curtis ao caerlle enriba o portón dunha nave

Quedou atrapado debaixo do portón e conseguiron liberalo pero xa non se puido facer nada para evitar o seu falecemento

Lugar do accidente en Curtis Lugar do accidente en Curtis
G24.gal 10/03/2025 15:44 Última actualización 10/03/2025 19:41

A Axencia Galega de Emerxencias alertou do falecemento dunha persoa ao caerlle enriba o portal dunha nave en Curtis. O 112 tivo constancia do accidente uns 10 minutos despois das 14:00 da tarde.

O operario quedou atrapado debaixo do portón e conseguiron liberalo antes da chegada dos servizos de urxencias pero non se puido facer nada para evitar o seu falecemento.

Ata o lugar do sinistro trasladáronse sanitarios do 061, os bombeiros de Betanzos, o Ges de Curtis e máis a Garda Civil.

 

 

.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade