Falece un mozo nun choque entre dúas motos de repartimento no centro de Santiago
O accidente tivo lugar arredor das once e cuarto da noite de onte no cruzamento das rúas Alfredo Brañas e República do Salvador

Un mozo motorista de 29 anos, que repartía comida a domicilio, faleceu como consecuencia das feridas sufridas nunha colisión con outra motocicleta de repartimento ocorrido onte á noite no centro de Santiago de Compostela.
Os servizos sanitarios trasladaron o mozo ao Hospital Clínico da cidade, e a pesar de que foi intervido cirurxicamente durante varias horas os médicos non puideron facer nada por salvarlle a vida e faleceu finalmente debido ao forte traumatismo torácico sufrido, segundo informaron fontes sanitarias.
O accidente tivo lugar arredor das once e cuarto da noite de onte no cruzamento das rúas Alfredo Brañas e República do Salvador. O outro repartidor quedou ferido leve.