ÚLTIMA HORA
A Xunta suspende a actividade lectiva nos colexios este martes polo apagamento
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que este martes non haberá clases nos centros educativos de Galicia nin actividade lectiva nas escolas infantís, debido ao apagamento que afecta o territorio desde o mediodía deste luns.
A decisión foi adoptada no Centro de Coordinación Operativo Integrado (Cecopi), encargado de xestionar os efectos do apagamento na comunidade.
Ademais, tamén se suspenderá a actividade nos centros de día de maiores e de atención á discapacidade. A actividade deportiva federada quedará igualmente cancelada durante a xornada.
Chamamento á responsabilidade e ao aforro
Rueda agradeceu a comprensión das familias e explicou que Galicia conta coa rede de transporte escolar máis extensa de España, polo que manter a actividade suporía un importante gasto de combustible.
“É necesario priorizar”, subliñou o presidente nunha comparecencia na que apelou a reducir os desprazamentos innecesarios para aforrar o máximo posible en combustible.