Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dono do Saltamontes en que morreu unha persoa en Vigo acóllese ao dereito a non declarar

O dono do Saltamontes en que morreu unha persoa en Vigo acóllese ao dereito a non declarar

Está investigado por un presunto delito de homicidio imprudente

G24.gal 24/04/2025 14:26

Pouco antes das once chegaba aos xulgados de Vigo o propietario da atracción de feira onde se produciu o accidente mortal. Compareceu en calidade de investigado por un presunto delito de homicidio imprudente. Segundo un dos avogados da acusación particular, hai informes periciais que atribúen o tráxico suceso a fallos na montaxe. 

O propietario da atracción non quixo declarar. O próximo en facelo será o presidente da comisión de festas de Matamá, a quen a xuíza instrutora tamén decidiu citar como investigado polo mesmo delito. A acusación particular reclámalle que faga o mesmo cos responsables do Concello xa que eran coñecedores da denegación do permiso e nada fixeron por evitar a instalación da atracción.   

O accidente produciuse en agosto de 2024 durante as festas de Matamá cando un dos brazos da atracción desprendeuse e lanzou dous ocupantes da cabina contra un valado. Iván Castaño, de 36 anos, morreu e a súa parella quedou inconsciente. Ademais dos pais do falecido e da súa compañeira sentimental a familia dunha menor que se lesionou no accidente tamén presentou denuncia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade