Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete mortos polo temporal en Australia

Sete mortos polo temporal en Australia

Entre as vítimas un neno de 9 anos aos que os rescatistas "tentaron liberar", pero faleceu mentres estaba a xogar antes de quedar atrapado

G24.gal 21/04/2025 09:16

Os servizos de emerxencia de Australia atoparon sen vida un neno de nove anos que se cre quedou atrapado entre rocas na costa de Nova Gales do Sur, no medio dun temporal que se cobrou a vida doutras seis persoas en plena Pascua.

A cadea indicou que os rescatistas "tentaron liberar" ao pequeno pero faleceu no lugar, onde, segundo información preliminar, estaba a xogar antes de quedar atrapado mentres as ondas intensificaban a súa forza.

A Policía desta rexión, cuxa capital é Sydney, dixo que a causa da morte aínda non foi determinada, polo que haberá unha investigación forense sobre o caso.

Antes deste incidente, as autoridades confirmaran que outras seis persoas faleceron afogadas, mentres os equipos de rescate tratan de localizar a dous desaparecidos polo temporal de ondas e vento que azouta o leste e sueste do país.

Do total actual, seis dos decesos rexistráronse en Nova Gales do Sur, o que representa "o maior número de afogamentos durante a Pascua", segundo dixo a ABC Steven Pearce, director executivo do grupo de salvamento Surf Life Saving.

Mentres, no estado de Victoria, unha muller de nacionalidade chinesa faleceu en circunstancias similares aos anteriores, mentres que os equipos de rescate buscan o seu marido, da mesma nacionalidade e de 41 anos, tras caer ao mar.

O primeiro ministro de Australia, Anthony Albanese, pediu á poboación que extreme a precaución á hora de ir ás costas.

O Departamento de Meteoroloxía de Australia emitiu varias alertas por ondada e forte vento nas costas do leste e sueste da nación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade