Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carteis no barrio compostelán de San Pedro avisan de risco de picadas nas rodas

Carteis no barrio compostelán de San Pedro avisan de risco de picadas nas rodas

A advertencia anónima apareceu nos últimos días en varios lugares do barrio

Un dos carteis está na marquesiña onda rúa Cruz de San Pedro de Santiago, e era visible este xoves
G24.gal 24/04/2025 14:01

A presenza de carteis que avisan de que hai quen está a picar as rodas dos coches desvelou que si; que no barrio compostelán de San Pedro houbo algún caso desta acción malvada. Nos establecementos comerciais máis concorridos, só unha testemuña dixo ser vítima desa falcatrúa, e poucos se animan a falar da problemática

Do que si falan, fóra de cámara, en varios dos negocios, é de problemas de incivismo aos que se refire Jose: "Parece que hai unhas persoas conflitivas que se dedican a facer dano en distintos establecementos e apareceu algún coche coas rodas picadas", di este comerciante do barrio, e engade que lle apareceu "tamén a min un día unha roda picada, pero non lle dei máis importancia; simplemente cambieina e listo. Foi un corte nun lateral cun obxecto cortante, unha coitela ou un navalla ou algo".

Segundo contan en talleres da zona, non se rexistrou demanda significativa por ese tipo de servizo. O que si é motivo de comentario anónimo entre os comerciantes e residentes deste barrio de Santiago é a actitude incívica e faltona dunha parella de veciños que, segundo din, desacouga a convivencia decotío.

"Son persoas que están a facer dano, entrando nos establecementos, que se van sen pagar, que montan pollos. Non sei... son xente conflitiva", di Jose Arufe, pero testemuños similares escóitanse noutros negocios do barrio, aínda que as testemuñas prefiren non falar publicamente do problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade