Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CIS de Lugo será un dos pioneiros na implantación do plan de cirurxía menor en ambulatorios

O CIS de Lugo será un dos pioneiros na implantación do plan de cirurxía menor en ambulatorios

O Sergas pretende que nos centros de saúde se realicen pequenas intervencións cirúrxicas con anestesia local

En Lugo e na Virxe da Pergrina de Pontevedra deseñaranse os protocolos de actuacións para unificar criterios

G24.gal 24/04/2025 13:30 Última actualización 24/04/2025 14:00

Nun futuro moi próximo non será imprescindible ir ao hospital para someterse a operacións sinxelas con anestesia local. O Sergas pon en marcha o plan de cirurxía menor que se implantará de xeito inminente en dous centros de saúde, un en Pontevedra e outro en Lugo. A eles iranse sumando paulatinamente os demais centros de Atención Primaria de Galicia, ata completar o proceso no 2029.

Dos 18 médicos do centro de saúde integral de Lugo, cinco xa realizan cirurxía menor regularmente. É, pois, un punto de partida ideal para establecer os protocolos de servizos e actuación, con vistas á implantación en todos os ambulatorios de Galicia.  

Carlos Álvarez, xefe do Servizo do Centro Integral de Saúde de Lugo, di que "como xa había centros que se dedicaban bastante a estas cirurxías e outros non tanto e sen un programa sistemático de coma facelo, agora o que se pretende coordinar iso. O problema é que si en cada ambulatorio se fai dun xeito distinto probablemente non se esta dando un servizo igual a todos os pacientes".

Búscase a equidade na atención e, sobre todo, dar un mellor servizo ao paciente. Máis áxil e de proximidade. "Os pacientes normalmente viven preto dun centro de saúde, xa sexa nunha cidade ou nun núcleo local onde haxa moita dispersión. O ideal é que os pacientes poidan ser atendidos nos seus centros e que o servizo que lle ofrezamos sexa o mellor posible".

Cirurxías sempre con anestesia local e de curta duración, tales coma papilomas, lesións nas uñas ou quistes benignos da pel. Toca agora o deseño dos protocolos: listaxe de lesións que se van tratar, procedementos administrativos como sinatura de consentimentos ou citación e tamén organización interna dos equipos facultativos para distribución do traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos