Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns vándalos causan estragos no cemiterio de San Martiño de Belesar, en Vilalba

Uns vándalos causan estragos no cemiterio de San Martiño de Belesar, en Vilalba

Accederon este domingo ao camposanto e romperon lápidas, xardineiras e tiraron polo chan os arranxos florais

Os veciños están desconsolados ante o que cualifican dun acto de maldade sen sentido

Restos dunha lápida rota polos vándalos
G24.gal 22/04/2025 13:40

Un grupo de vándalos fixo unha desfeita no pequeno cemiterio da parroquia vilalbesa de Belesar. Romperon lápidas, cristais das capelas e estragaron xardineiras e ramos de flores.

Os veciños están desolados. "Mira o noso nicho. Vin agora poñer unhas flores, que me romperon todo e non deixaron nada", conta Balbina, unha veciña que  comproba desconsolada o regueiro de danos. "Aquí había unha cruz de cemento e rompérona. Nestoutro lado había unha peza dun enterramento de hai moitos tempo que levaba moitisimos anos. Tamén a romperon".

Balbina non dá comprendido o obxecto desta maldade. "Onte chorei coa pena porque deberían ter un respecto para que non lles fai mal".

Non o comprende ela nin ningún dos veciños: "A xente non ten sentidiño de nada. Ben ves coma están as veces os parques todos cheos de pintadas con mobiliario estragado que pagamos todos pero a esa xente dálle igual".

Os vándalos accederon o domingo de noite ao recinto con motocicletas. Pensan os veciños que para causar moitos dos estragos tiveron que utilizar algún obxecto contundente". Ninguén os viu, pero está claro que a puñazos non os romperon, porque isto é moi duro".

Levaron por diante amaños florais, xardineiras, adornos e algunha lápida. O párroco e os veciños van presentar denuncia perante a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade