Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizan a raíña Sonia de Noruega por problemas respiratorios

Hospitalizan a raíña Sonia de Noruega por problemas respiratorios

O ingreso produciuse onte á noite, despois de que a raíña fora trasladada nunha ambulancia aérea desde a residencia de Sikkilsdalen

A raíña Sonia de Noruega durante un funeral en Luxemburgo. Cyril Moreau-Alain Rolland/Bestimage/Outras Fontes (Foto: Periódico. La Vanguardia) A raíña Sonia de Noruega durante un funeral en Luxemburgo. Cyril Moreau-Alain Rolland/Bestimage/Outras Fontes (Foto: Periódico. La Vanguardia)
G24.gal 22/04/2025 10:45

A raíña Sonia de Noruega, de 87 anos, foi ingresada no Hospital do Reino de Oslo para ser examinada debido a problemas respiratorios, informou a Casa Real deste país nórdico.

O ingreso produciuse onte á noite, despois de que a raíña fose trasladada nunha ambulancia aérea desde a residencia de Sikkilsdalen, ao norte da capital, onde pasaba as vacacións de Semana Santa co seu esposo, o rei Harald V.

A Casa Real non facilitou máis datos sobre o estado de saúde da raíña Sonia, aínda que non suspendeu de momento o seu próximo acto público, unha visita cultural a unha igrexa de Oslo prevista para este xoves.

Tampouco foi cancelada a visita oficial do príncipe herdeiro Haakon a Polonia, que comeza hoxe e durará dous día máis.

Medios noruegueses mostraron este martes imaxes da princesa Marta Luisa, filla maior dos reis, entrando no Hospital do Reino para visitar a súa nai.

Á raíña Sonia foille implantado o pasado xaneiro un marcapasos tras serlle detectadas fibrilacións cardíacas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade