Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo da cultura despide o actor Juan Margallo

O mundo da cultura despide o actor Juan Margallo

Estaba considerado como unha das figuras imprescindibles do teatro independente español

Logrou xunto á súa muller Petra Martínez o Premio Nacional de Teatro en 2022

Margallo, xunto á súa muller, a actriz Petra Martínez, cando recibiron o Premio Nacional de Teatro en 2022 Margallo, xunto á súa muller, a actriz Petra Martínez, cando recibiron o Premio Nacional de Teatro en 2022
G24.gal 02/03/2025 15:58

O actor, director e autor de teatro español Juan Margallo, considerado un dos eixos vertebrais do teatro independente en España, faleceu aos 84 anos, confirmou este domingo a entidade de xestión de actores e bailaríns (AISGE).

Nacido en Cáceres en setembro de 1940, foi galardoado xunto á súa esposa Petra Martínez co Premio Nacional de Teatro 2022 polo seu "profundo e permanente compromiso coa escena". O xurado destacou "a súa excelencia escénica", que exerceron "sempre con enorme profesionalidade, non exenta do sentido do humor".

As súas aparicións na gran pantalla foron esporádicas, pero significativas: El espíritu de la colmena, de Víctor Erice; Al sur de Granada, de Fernando Colomo, e a máis recente, Campeones, de Javier Fesser, pola que foi candidato a mellor actor secundario nos premios Goya de 2019.

A SGAE lembrou que ao actor, gañador de dous premios Max, se lle concedera este ano o Max de Honra.

Este mesmo sábado, Petra Martínez colgou en Instagram unha foto dos dous xuntos co texto: "Juan e eu facendo unha obra que se chamaba Cousas nosas de nós mesmos, divertiámonos moitísimo facéndoa".

Casados desde 1968 e pais de dous fillos, ambos emprenderon a aventura do teatro independente coa creación do grupo Tábano, unha burbulla de creatividade no medio da censura franquista.

"Fóisenos Juan Margallo, referente indiscutible do teatro e figura fundamental da nosa cultura", destacou a SGAE na rede social X tras coñecerse a noticia, que sumou numerosas reaccións e mostras de agarimo ao actor e a súa familia.

A Academia de Cinema lembrou a participación de Margallo en películas como Campeones, Cerrar los ojos ou Platillos volantes.

En AISGE mostráronse "conmovidos e abatidos co adeus de Juan Margallo".

"Unha terrible perda —en palabras de Emilio Gutiérrez Caba— que hoxe choramos desde AISGE, a súa casa. O curioso insaciable, o mellor exemplo de que para ser un bo actor hai que ser un home bo", destacaron.

Tamén a Unión de Actores e Actrices destacou a Margallo como un dos máximos referentes da loita polos dereitos da profesión e gran compañeiro e amigo da Unión de Actores e Actrices.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade