Atopan o cadáver do gandeiro arrastrado pola choiva en Lorca
Municipios afectados pola dina reforzan a prevención ante a alerta por choiva
Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana, en aviso laranxa este luns por choiva intensa; e en Madrid e Castela e León a neve complica a circulación en 38 estradas
O cadáver do gandeiro de 50 anos desaparecido en Lorca (Murcia) ao ser arrastrado na tarde do domingo debido as abundantes choivas foi atopado este luns nas inmediacións do barranco de Ramonete, segundo informou o alcalde da localidade.
O home, pastor de profesión e veciño da localidade de Ermida de Ramonete (Lorca), foi arrastrado pola corrente mentres circulaba coa súa furgoneta. O vehículo foi achado o domingo.

Municipios afectados pola dina reforzan a prevención ante a alerta por choiva
Aínda que afirman que este episodio "non é asimilable ao vivido o pasado 29 de outubro", desde o Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat indican que as medidas adoptadas pretenden "minimizar os inconvenientes" no caso de que se produza "unha posible choiva intensa en poucas horas".
O Concello de Algemesí recomenda á poboación colocar as barreiras de protección habituais nas vivendas das rúas susceptibles de acumulación de auga e sacar os vehículos dos garaxes, sotos e estacionalos na rúa.
En Aldaia pechou o túnel da Estación como medida de precaución e Catarroja mantén activa a brigada por se houbera que actuar nos túneles e zonas inundables. De momento, a actividade educativa mantense.
Andalucía e o Levante en alerta laranxa por chuvia e 38 estradas afectadas en Castela e León e Madrid por mor da neve
Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana están hoxe en aviso laranxa por choivas ante a previsión de que se acumulen ata 100 litros por metro cadrado en doce horas no interior de Castelló e Valencia e no prelitoral de Tarragona.
En Castela e León e Canarias, a alerta é amarela tamén por fortes choivas e en Baleares por ventos fortes de ata 80 quilómetros por hora na serra da Tramontana.
Prevense ademais fenómenos costeiros na costa granadina, litoral de Tarragona e Almería (Andalucía), por ventos de 50 a 60 quilómetros por hora e ondas que alcanzarán ata 4 metros en puntos da costa de Cataluña.
"Había previsión de nevada. Onde estiveron as quitaneves para asegurar a circulación?", pregúntase unha condutora afectada
Mentres tanto, en Castela e León e Madrid o temporal de neve afectou a primeira hora deste luns 38 estradas, dúas delas na rede viaria principal, situadas en Somosierra e en Guadarrama. As condicións melloraron a medida que avanzou a mañá e, segundo o servizo de emerxencias 112, tan só é preciso circular con cadeas pola rede secundaria de estradas.
🚨Madrid:
🟢A-1 Somosierra.
🟢AP-6 Guadarrama.
🟢N-6 La Jarosa.
🔴M-611 La Morcuera.
🔴M-637 Navafría.
🔴M-533 El Alcor y Zarzalejo.
🟡M-604 Rascafría.
🟡M-601 Navacerrada.
🟢M-130 La Puebla.
🟢M-137 La Hiruela.
🟢M-629 Canencia.
🟢M-505 La Herrería
🟢M-139 El Cardoso. pic.twitter.com/t0lZ5V24PY
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) March 3, 2025
A autovía A-2 (Madrid-Barcelona) reabriu á circulación de madrugada tras permanecer cortada ao longo de 45 quilómetros durante a fin de semana por mor da neve, desde Alcolea del Pinar (Guadalajara) a Santa María de Huerta (Soria).
Algunhas das persoas atrapadas cos seus vehículos na devandita autovía lamentaron onte á noite a falta de información previa sobre o alcance das nevadas por parte das autoridades e a falta de asistencia e mala organización.
Na rede social X, Concha, unha condutora afectada, denunciou a situación de "decenas de vehículos atrapados na A-2 sen ningún tipo de asistencia"; "había previsión de nevada. Onde estiveron as quitaneves para asegurar a circulación?", manifestou esta condutora.