Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceiro roubo en tres meses na capela de Santa Rita de Boiro

Terceiro roubo en tres meses na capela de Santa Rita de Boiro

Nesta ocasión levaron dous rosarios e unha cruz de madeira e intentaron forzar o peto para levar as esmolas

G24.gal 03/03/2025 13:20

O santuario de Santa Rita en Ponte Beluso, en Boiro, leva anos sendo destino de devoción de moitos fregueses que acoden a diario a levarlle as súas ofrendas. Pero tamén atrae aos que non teñen tan boas intencións. A semana pasada en dúas noites seguidas levaron dous rosarios, unha cruz de madeira que tiña a santa na man e intentaron forzar o cepillo das esmolas.

Dáse a circunstancia de que hai un par de semanas a Garda Civil de Boiro logrou recuperar dúas imaxes da Virxe de Santa Rita e outros obxectos relixiosos que foran subtraídos da capela. Recuperáronas tras identificar e deter o presunto autor do roubo, un veciño de Lousame. O home xa está en liberdade e as sospeitas apuntan cara el de novo.

Os fregueses xa non saben que facer para protexer o santuario da acción dos delincuentes
A impotencia invade aos devotos de Santa Rita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade