Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulado un grupo en Ourense dedicado ao roubo de supermercados

Desarticulado un grupo en Ourense dedicado ao roubo de supermercados

As persoas detidas son dúas mulleres e un terceiro investigado

G24.gal 28/02/2025 14:45

O Equipo Roca da Garda Civil desmantelou un grupo criminal especializado en delitos de roubo en establecementos de alimentación. No marco desta operación foron detidas dúas mulleres residentes en Ourense e tomouse declaración en calidade de investigado a un veciño de Piñor, no municipio de Barbadás.

Nos tres casos investígase a súa presunta implicación en tres delitos de furto cometidos nun supermercado do Pereiro de Aguiar.

Os furtos terían lugar o 24 de xaneiro, así como o 2 e o 3 de febreiro, cando os detidos apoderáronse de varios produtos de alimentación cun valor total de 1.650 euros.

A operación está vinculada co Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade