Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos catro homes en Vigo por roubar xoias por valor de case 180.000 euros

Detidos catro homes en Vigo por roubar xoias por valor de case 180.000 euros

A investigación policial culminou esta fin de semana coa detención de tres dos catro autores por un delito de furto e pertenza a un grupo criminal

Material que utilizaban para levar a cabo os furtos Material que utilizaban para levar a cabo os furtos
G24.gal 26/02/2025 16:36 Última actualización 26/02/2025 16:59

A Policía Nacional detivo esta pasada fin de semana catro homes como supostos autores de varios furtos en distintas xoierías de Vigo, levando material por valor de case 180.000 euros.

O primeiro feito que se lles imputa é un roubo cometido en agosto de 2023 nunha xoiería da avenida Gran Vía, na que levaron xoias por valor duns 100.000 euros.

Foi en xaneiro deste ano cando volveron actuar nun establecemento da zona da Pedra, onde se fixeron con xoias valoradas en 50.000 euros. Poucos días despois, subtraeron máis elementos de ouro valorados en máis de 27.000 euros no barrio de Coia.

"As investigacións realizadas determinaron que os ladróns estaban perfectamente organizados, realizando unha planificación previa do golpe, seleccionado coidadosamente as xoierías, así como o lugar onde refuxiarse para asegurar a súa fuxida", indicou a Policía Nacional.

Os axentes aseguran que cada un dos partícipes tiña unha repartición específica das tarefas: un cometía o furto, un segundo proporcionaba un lugar seguro onde gardar o botín e, por último, outro xestionaba unha canle de saída para as xoias subtraídas.

A investigación policial culminou esta fin de semana coa detención de tres dos catro autores por un delito de furto e pertenza a grupo criminal, e a realización de varios rexistros domiciliarios, nos que se interviñeron múltiples efectos e xoias relacionados cos furtos.

Os detidos foron trasladados a dependencias policiais, pasando á disposición xudicial.

Este martes procedeuse á detención do cuarto implicado, tratándose do autor material de dous dos roubos, imputándolle un delito de roubo con violencia e intimidación, un delito de furto e pertenza a grupo criminal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade