Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos en Lugo por permisos de asilo fraudulentos

Catro detidos en Lugo por permisos de asilo fraudulentos

Detidos o suposto falsificador e tres persoas que os usaban

Estes documentos serían falsificados por outra persoa, que os realizaba e vendía por "cantidades elevadas"

G24.gal 03/03/2025 13:06

Catro persoas foron detidas na provincia de Lugo como autoras dun delito de falsificación de documento público, en concreto permisos de asilo.

Segundo informa a Policía Nacional, un empresario acudiu ás dependencias policiais para denunciar que contratara a un traballador cuxo datos da alta laboral non eran verdadeiros, como lle fixeron saber desde o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Unha vez coñecidos estes feitos por parte da Brigada de Estranxeiría de Lugo, púxose en marcha a investigación que levou ás correspondentes detencións.

Ademais deste traballador contratado polo empresario hostaleiro, detívose a outras dúas persoas que achegaran un documento de asilo que daba dereito a traballar durante seis meses e que non lles correspondía.

Estes documentos serían falsificados por outra persoa, que os realizaba e vendía por "cantidades elevadas".

A detención levouse a cabo por parte da Brigada Provincial de Estranxeiría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade