Morre un mozo de 19 anos que se foi da vía co seu vehículo no Saviñao
O sinistro producise no CG-2.1 preto das sete e media da mañá
Efectivos dos Bombeiros de Monforte rescataron o corpo sen vida dun condutor que quedara atrapado dentro do seu turismo logo de sufrir un accidente de tráfico no concello lugués do Saviñao. Trátase dun mozo de 19 anos veciño de Escairón.
Segundo informa o 112, un particular que pasaba pola zona viu o turismo accidentado e deu aviso pasadas as sete da mañá. Efectivos dos servizos de emerxencias atoparon o cadáver no interior dun turismo que, ao parecer, foise por fóra da vía e bateu contra a barreira de seguridade.
O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 15,400 do corredor CG-2.1, que une Monforte de Lemos e Lalín, nunha zona limítrofe entre os concellos de Pantón e O Saviñao. Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tan so puideron certificar a morte do condutor, Bombeiros de Monforte e Garda Civil de Tráfico.
<
#AXEGAInforma dun condutor, que foi localizado sen vida no interior dun turismo
— 112 Galicia (@112Galicia) March 2, 2025
📍CG2.1, en Tribás, #Pantón
▶️O seu vehículo saíuse da vía e bateu contra a barreira de seguridade
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Monforte, @guardiacivil de Tráfico pic.twitter.com/G6uibKSjut