Cargando resultados...
A Coruña vive un sábado de Entroido multitudinario co desfile de comparsas e carrozas
27 agrupacións participaron no desfile, que partiu da praza de Ourense e rematou en María Pita
G24.gal
01/03/2025 21:56
Sábado de Entroido multitudinario nas rúas da Coruña. 27 agrupacions con máis de mil participantes desfilaron no concurso de carrozas e comparsas, un desfile con acento local e internacional.
"Vimos de Santa María de Cambre para pasalo ben e participar no Entroido"
"Vimos de Bolivia. A comparsa é La Diabalada, é a representación do ben e o mal. Hai un anxo que baila diante, e os demos detrás"
Astérix e Obélix, lexionarios romanos, Supermarios, abellas, medusas ou eucaliptos. No Entroido todo se mistura.
"Estou coidando os eucaliptos, que mos queren queimar"
O desfile partiu da praza Ourense e rematou no corazón da cidade da Coruña.