Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peliqueiros comezan a impoñer a súa lei no Entroido de Laza

Os peliqueiros comezan a impoñer a súa lei no Entroido de Laza

Centos de visitantes achéganse a este concello ourensán para gozar do Entroido

Os peliqueiros saíron ás rúas no seu día de estrea

Xornada previa ao Luns Borralleiro, o da farrapada e as formigas

G24.gal 02/03/2025 15:26

Día especial en Laza, un dos protagonistas do triángulo máxico do Entroido ourensán. Aínda non recuperados do sábado de cabritadas e da fariñada do sábado, na mañá deste domingo centos de visitantes e oriúndos acudían á presentación oficial dos peliqueiros.

En Laza, a máxima autoridade do seu Entroido é o peliqueiro, que se presentaba oficialmente hoxe. Esta figura, que algúns estudosos remontan a mesmo antes do medievo, impón a súa lei cun látego e movendo as súas chocas, mentres corren o entroido entre os asistentes. E por certo, son intocables.

Degustación de bica, música, charangas e un ambiente festivo son a mellor carta de presentación cun ollo posto xa na xornada do Luns Borralleiro, o da farrapada e as formigas. O Entroido enfía os seus días grandes en Laza, e a diversión e os peliqueiros xa non hai quen os pare.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade