Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celanova despide o Entroido co gran desfile adiado do sábado de Piñata

Celanova despide o Entroido co gran desfile adiado do sábado de Piñata

O Concello agarda unha edición de récord cunhas 1.400 persoas inscritas e 43 comparsas, charangas e por suposto disfraces

Por mor do temporal tiveron que suspender o acto central do seu entroido o pasado 8 de marzo 

O desfile comezará o sábado a partir das 17:30 horas polas rúas da vila, despois haberá sesión de DJ e orquestra

Os membros da comparsa Os Arrítmicos de Celanova dan os últimos retoques na súa carroza.
G24.gal 28/03/2025 20:26 Última actualización 28/03/2025 20:54

Na vila de Celanova, xa está todo listo para despedir por fin o Entroido deste ano. Por mor do temporal tiveron que suspender o desfile do sábado de Piñata e agora, tres semanas despois, mañá sábado celebran o seu día grande.

Últimos ensaios dos bailes cos que as máis pequenas da comparsa os Arrítmicos de Celanova van sorprender no desfile do Sábado de Piñata. 

E mentres elas non paran de bailar, os maiores fan probas de maquillaxe e danlle os últimos retoques ás súas carrozas. Todo está xa listo para despedir, agora si, o Entroido como merece. 

Con tres semanas de atraso polo mal tempo, Celanova vai festexar o día grande do seu Entroido. O Concello agarda unha edición de récord cunhas 1.400 persoas inscritas e 43 comparsas no desfile de Piñata, que comezará a partir das cinco e media da tarde. 

Un Entroido xa primaveral que comezaba o pasado 7 de febreiro co Petardazo e o Fareleiro en Xinzo de Limia e case dous meses despois, os máis entroideiros teñen aínda unha cita en Celanova. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade