Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mobile World Congress pon o foco na intelixencia artificial e nas grandes tecnolóxicas

O Mobile World Congress pon o foco na intelixencia artificial e nas grandes tecnolóxicas

Filipe VI presidiu a cea inagural do congreso en Barcelona e pediulle á industria un desenvolvemento seguro e responsable da IA

O congreso, un referente mundial, conta con 2.700 expositores e agarda máis de 100.000 visitantes

Filipe VI e distintas autoridades, este domingo en Barcelona Filipe VI e distintas autoridades, este domingo en Barcelona
G24.gal 02/03/2025 21:13

O rei presidiu este domingo en Barcelona a cea inaugural do Mobile World Congress, centrado, este ano, na intelixencia artificial e no papel das grandes tecnolóxicas.

Coa ausencia do presidente do goberno Pedro Sánchez, que asistiu en Londres ao cumio sobre Ucraína, Filipe VI foi recibido polo presidente da Generalitat, Salvador Illa, por varios ministros e tamén pola vicepresidenta da comisión europea, Teresa Ribera.

O rei asegurou que durante esta nova semana "Cataluña sitúase de novo como punto neurálxico da innovación tecnolóxica", e destacou o lema deste ano: 'Converxer, conectar e crear'.

Filipe VI dixo que a intelixencia artificial será un dos principais temas do salón deste ano e que é "vital reafirmar o compromiso da industria" cun desenvolvemento san e responsable.

"Sexamos abertos e próximos, pero tamén precavidos e non inxenuos", dixo, e engadiu que a coordinación será central para asegurar que a aplicación da IA faise de maneira segura para os consumidores.

O monarca afirmou que a clave será atopar o balance correcto entre innovación e regulación. Doutra banda, puxo en valor o "rol vital" que teñen as startups, que, segundo el, permiten que moitos proxectos se volvan realidade.

O MWC, o maior evento mundial do sector da conectividade, reunirá desde o luns en Barcelona a máis de 2.700 expositores, coa intelixencia artificial e os avances en redes de alta capacidade como eixos centrais do seu programa. A organización calcula que o impacto económico supere os 500 millóns de euros e a asistencia de máis de 100.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade