Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente de Telefónica pide que a UE facilite a fusión das 'telecos' europeas

O presidente de Telefónica pide que a UE facilite a fusión das 'telecos' europeas

Marc Murtra estreouse no Mobile World Congress de Barcelona demandando o fortalecemento sector tecnolóxico europeo fronte aos xigantes chineses e estadounidenses

G24.gal 03/03/2025 14:34

O maior evento do mundo sobre tecnoloxía móbil concentra estes días en Barcelona máis de 100.000 persoas e máis de 2.700 expositores coas últimas novidades do sector. 

As principais tecnolóxicas presentan este ano dispositivos flexibles, pantallas transparentes, avanzados teleobxectivos ou aparatos que cambian de cor coa temperatura. A máis recente evolución nos dispositivos que levamos sempre no peto ou no bolso e que nos teñen permanentemente conectados. Pero tamén propostas en mobilidade.

Este ano destacan novidades específicas en conectividade 5G, intelixencia artificial e mesmo tecnoloxía cuántica, nun marco en que se desenvolverán máis de mil reunións entre compañías e que será tamén foro de debate sobre os desafíos ético-sociais aos que conducen estes avances.

O novo presidente de Telefónica advertiu de que o sector europeo está demasiado fragmentado para competir e pediu que a Unión adapte a normativa para facilitar as fusións.

"Do contrario, a posición de Europa no mundo seguirá minguando, e iso quitaralle capacidade para decidir o seu futuro de forma autónoma", dixo Marc Murtra.

Como escaparate informativo mundial, o Mobile Congress foi tamén escenario de protestas: contra a presenza de tecnolóxicas de Israel, polas condicións dos técnico-sanitarios ou polas licenzas VTC da cidade de Barcelona.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade