Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno de Milei suspende a posible compra da filial arxentina de Telefónica

O Goberno de Milei suspende a posible compra da filial arxentina de Telefónica

O Goberno arxentino considera que a adquisición podería xerar un monopolio do sector

Milei nunha imaxe de arquivo. REUTERS/Brian Snyder Milei nunha imaxe de arquivo. REUTERS/Brian Snyder
G24.gal 22/03/2025 08:06 Última actualización 22/03/2025 09:29

O Goberno de Javier Milei anunciou este venres a suspensión da posible compra da filial arxentina do grupo español Telefónica por parte de Telecom Arxentina, xa que a adquisición podería xerar un monopolio do sector.

"O Goberno Nacional, a través da Secretaría de Industria e Comercio do Ministerio de Economía, tomou a decisión de ditar unha medida preventiva que suspende os efectos da compra de Telefónica por parte de Telecom", indicou a Oficina do Presidente nun comunicado.

A medida baséase nunha recomendación da Comisión Nacional de Defensa da Competencia, debido a que a fusión de ambas as dúas compañías "incrementaría en forma significativa a súa participación no mercado".

Segundo o executivo, a compra permitiríalle a Telecom Arxentina concentrar o 61 % do mercado de telefonía móbil, o 69 % da telefonía fixa e nalgunhas áreas do país quedaría co 80 % do servizo da Internet residencial.

"A partir da recomendación formulada pola Comisión Nacional de Defensa da Competencia, tomouse a decisión de resgardar a transparencia e a libre concorrencia do mercado mediante a medida preventiva ata que se profunde na análise da operación notificada", sinala o documento.

Con esta medida, o Goberno de Milei asegurou cumprir "coa súa obriga de garantir os dereitos dos usuarios e consumidores, así como de defender a competencia contra toda forma de distorsión dos mercados".

Telecom Arxentina ten como principais accionistas a Cablevisión Holding (empresa controlada polo grupo Clarín) e o fondo Fintech Telecom (controlado polo empresario mexicano David Martínez).

Telecom e Telefónica dominan o mercado arxentino das telecomunicacións desde que a finais dos 90 do século pasado o daquela Goberno de Carlos Menem (1989-1999) privatizou a empresa estatal de telefonía e dividiu en dúas rexións o país para outorgar os servizos a estas dúas empresas.

Ambas as dúas compañías prestan servizos de telefonía fixa e móbil, Internet de banda ancha e televisión pospago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade