Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo plan contra os delitos de odio prestará especial atención ao mundo do deporte

O novo plan contra os delitos de odio prestará especial atención ao mundo do deporte

Marlaska anima as vítimas a denunciar e alerta de "tempos onde o odio disfrázase de discurso lexítimo"

Haberá máis medios e reforzarase a coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado

Baixan un 10 % as vítimas de delito de odio en España en 2024, cun total de 1.955 denuncias

G24.gal 24/03/2025 14:58

As forzas e corpos de seguridade do Estado van intensificar o control dos delitos de odio no ámbito deportivo. É unha das novidades do novo plan que acaba de presentar o Goberno para os próximos catro anos. O ministro Fernando Marlaska di que destinarán máis medios para atender as vítimas deste tipo de delitos.

"Os axentes van perseguir os insultos racistas nos campos de fútbol e nos arredores de calquera estadio. Non queremos que os eventos deportivos se convertan nun escenario onde os violentos normalicen os discursos de odio".

As vítimas de delito de odio en España baixaron un 10 % en 2024, aínda que son máis de 1.800 persoas que rexistraron un total de 1.955 denuncias, segundo avanzou este luns o ministro do Interior na presentación do III Plan de Loita contra os Delitos de Odio.

Marlaska dixo que se trata dunha cifra "aínda provisional" dos datos que se publicarán no informe anual do seu departamento. "Pero que xa nos indica situacións de racismo, xenofobia, ataques por orientación sexual ou identidade de xénero, islamofobia, antisemitismo e outros tipos de discriminación", asegurou.

Igualmente, Marlaska recoñeceu que a cifra das 1.800 persoas que denunciaron o ano pasado en España delitos de odio é "intolerable", aínda que engadiu que é un 10 % menos das rexistradas no 2023.

O ministro dirixiuse ás vítimas que non denuncian e que "aínda sofren ese odio en silencio", pedíndolles que denuncien: "Denunciade, porque estamos, sen ningunha dúbida, para axudarvos, e non imos deixar que estas agresións, estas condutas, poidan quedar impunes", subliñou.

Ademais, alertou de "tempos onde o odio se disfraza de discurso lexítimo e onde a extrema dereita pretende normalizar a discriminación coa promesa falsa e manipuladora de protexer uns supostos valores e símbolos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade